Noticias
3 de decembro de 2018
Visita a Camiña
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, visitou a Asociación Camiña de Burela para facerlles entrega aos seus usarios de indumentaria deportiva, acompañado da vicepresidenta, Cesarina Fanego, e do fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco.

Os directivos laranxas coñeceron as instalacións da entidade burelá para persoas con discapacidade (Rafael Dieste, número 9) xunto ao presidente, Silvino Oroza, ademais de achegarse ás actividades e obradoiros que alí desenvolven os usuarios, xunto ás súas familias.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores