Noticias
12 de decembro de 2018
Vista Alegre únese á Campaña de Xoguete Novo de Cruz Vermella
Vista Alegre únese este venres á Campaña do Xoguete Novo de Cruz Vermella de Burela coincidindo coa penúltima xornada da primeira volta dos de Juanma Marrube, fronte ao Axa Hita Port Elche (20.30 horas). Ata a sede da institución achegáronse os xogadores Juanfran e Luci para presentar a iniciativa, xunto ás técnicas locais Sonia Fraga e Almudena González.

Neste último partido de 2018 para o líder de Segunda LNFS, a Bomboneira habilitará huchas solidarias dende as 19.30 horas, coa colaboración de voluntariado de Cruz Vermella, para que os afeccionad@s fagan os seus donativos. Coa devandita recadación, Cruz Vermella e Pescados Rubén Burela FS adiantaranse a Papá Noel e os Reis Magos para escoller xoguetes e facer posible que cada un dos máis de 30 nen@s do programa de axuda de Cruz Vermella de Burela reciban o regalo novo que pediron a Laponia ou ás Súas Maxestades de Oriente nas cartas.

A ILUSIÓN DE TER UN XOGUETE NOVO!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores