Noticias
19 de decembro de 2018
A Familia Laranxa adiántase a Papá Noel
O Pescados Rubén Burela FS visitou esta mañá a Área de Pediatría do Hospital Público da Mariña, como xa é toda unha tradición nas datas previas ao Nadal. Cristina e Ana Romero, xunto a Juanfran e Ramón Vargas, compartiron un anaco moi entrañable cos nen@s ingresad@s e a súas familias para desexarlles unha rápida recuperación. Os catros xogadores/as laranxas contribuíron co seu graniño de area repartindo ilusión, entregándolles a Uxía, de Viveiro, e Asier, de Ribadeo, uns pequenos agasallos adiantados de Papá Noel, ademais de cadansúa bufanda oficial.

Os nosos mellores desexos para Uxía e Asier!!!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores