Noticias
22 de decembro de 2018
O mellor agasallo de 2018
As Guerreiras Laranxas encamiñaron á perfección na primeira parte a cita ante UCAM ElPozo Murcia, a última vitoria de 2018, o mellor agasallo do ano, que mantén ás pupilas de Julio Delgado e Lucas no cume de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. Dany, Lara Balseiro e Cami deron a vantaxe de 3-0 ao descanso, completada por Peque por partida dobre, no 35 e 37, e Jenny, no 38.

Dany abriu a lata xa no minuto 2, á escuadra. Responderon ben as da UCAM con dúas chegadas moi perigosas baixo paus de Ana Romero. As filas murcianas salvaron o segundo na liña de meta no minuto 8, pero na seguinte ocasión o Pescados Rubén non perdoou, con finalización de Lara Balseiro, asistida por Dany. E no 11, Cami ampliou a renda. Pepa protagonizou unha das perigosas para as visitantes, no 16, cun centro, que se paseou por diante da gardameta local e non atopou rematadora. Cilene e Cristina aínda dispuxeron de boas ocasións antes de marcharse a vestuarios.

Na segunda parte as mariñás estreláronse ata a extenuación contra a rede de Ire. A piques de cumprirse o 25 a punto estivo de sorprender cun balón alto. Nuns minutos de asedio laranxa, Cristina tamén puxo en apertos a meta levantina; antes avisaran o tándem Peque-Cami. No 29, Pepa salvou a tentativa de Luci, a pase de Dany. Restando cinco minutos para o final, Peque por fin puxo o 4-0. Tan só medio minuto despois Jenny puido marcar o quinto diante de Ire, sen éxito. Con todo, non acababa aí a cita; no 37, a internacional española volveu ver portería cun potente disparo, completando a vantaxe Jenny, no 38.

2019 estrearase o 12 de xaneiro, coa visita das laranxa na xornada 14, á pista de Universidade de Alicante.


Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Jenny, Lara Balseiro, Luci, cinco inicial Cami, Peque, Cristina, Cilene


UCAM ElPozo Murcia FSF: Cristina, Mari, Patricia, Natalia Montoro, Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Toñi, Pepa, Lola, María, Ire, Susana

Goles: 1-0, minuto 2, Dany; 2-0, minuto 9, Lara Balseiro, 3-0, minuto 11, Cami; 4-0, minuto 35, Peque; 5-0, minuto 37, Peque; 6-0, minuto 38, Jenny;

Árbitros: Castro Nantes // Sierra Márquez (Galicia). Por Burela amarela a Jenny (minuto 14). Por UCAM amarela Ire (minuto 22), N. Montero (minuto 16)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores