Noticias
3 de xaneiro de 2019
Nito estrea 2019 coa Selección Española
O xuvenil burelista Néstor Valle, Nito, estreará 2019 cun novo chamamento da Selección Española. A Xoia Laranxa entrou na lista de Sub-19 para a concentración prevista entre o 13 e o 17 de xaneiro con motivo de dous compromisos fronte a Serbia na cidade de Gornji Milanovac (días 15 e 16).

Xunto a Nito, outros 13 xogadores conformarán a expedición de Albert Canillas, convocados para o 13 de xaneiro para poñer rumbo ao destino balcánico.


CONVOCATORIA

Porteiros
Adrián Pereira Oliveros - Sala 10 Zaragoza
Jesús Álvaro Recio Lara - AD Alcorcón FS

Peches
Antonio Pérez Ortega - Jaén FS
Néstor Valle Gómez- Pescados Rubén Burela FS
Ricardo Mayor Gonzalvez - Aljucer-ElPozo Murcia

Alas
Cristian Molina Pardo - Ciudad de Móstoles
Ignacio Torres Salazar - Aljucer-ElPozo Murcia
Alberto Miras Neira - Santiago Futsal
Alejandro Ceron Albert - FC Barcelona
David Peña Romero - FC Barcelona
Adrián Rivera González - Leganés FS

Pivotes
Manuel Cebrián Romero – Las Rozas Boadilla
Adrián Rodríguez Mosteirín - Santiago Futsal
Bernat Povill Cerdeira - FC Barcelona

Rivalidade de seleccións, entre Peque e Jenny

O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS non será o único da Familia Laranxa en estrear o ano con compromisos internacionais. Tenerife será o escenario que presenciará a rivalidade de seleccións entre as burelistas Peque e Jenny, defendendo a España e Portugal, respectivamente. O primeiro encontro terá lugar o día 8 ás 20:30 en Los Realejos, mentres que o segundo amigable se celebrará en Granadilla a partir das 20:30 o día 9.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores