Noticias
10 de xaneiro de 2019
Penúltima cita antes do ecuador, na difícil cancha alacantina
O Pescados Rubén Burela FS volve á liga de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo estreando os compromisos de 2019, a domicilio. Farao na recta final da primeira volta, na penúltima xornada, defendendo a primeira praza (36 puntos) na difícil cancha do UA Alicante, cuarto clasificado (25 puntos); a cita está prevista para o sábado ás 18.30 horas. Á convocatoria da escuadra laraxa volve a capitá, Bea Mateos, despois de ser intervida de xeonllo no verán. A cita poderá seguirse en directo: https://vertice.cpd.ua.es/198590

“Seguimos coa mesma ilusión e esperando rematar a primeira volta da mellor forma posible. O noso obxectivo é acabar a primeira volta primeiras e que esta situación se manteña” explicaba con optimismo Ana Romero tras unha semana xa de traballo neste ano novo. “Voltamos con forza, recargamos pilas. Sabemos que Alicante é unha pista súper difícil, que nos custa moito; o ano pasado conseguimos o 3-4 no último minuto, e sabemos que é un rival que vai loitar ata o final”, advertía a porteira laranxa do seu antigo equipo, destacando as súas mellores virtudes: “A alta presión é a súa gran característica e a súa gran intensidade durante todo o partido. Temos que saír moi metidas no partido e saber manter a concentración” puntualizaba así a deportista murciana dun rival que pechou 2018 coa derrota fronte a Jimbee Roldán (4-1) rompendo a etapa de 6 vitorias.

Antes de poñer rumbo ao seu primeiro destino de 2019 esta noite, as pupilas de Julio Delgado e Lucas poñerán o broche aos adestramentos de Vista Alegre esta tarde, ás 17.30 horas.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS.
1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 19. Luci

Regreso de Peque e Jenny


As internacionais española Peque e lusa Jenny incorporaranse á expedición para a última sesión da semana, prevista xa en terras alacantinas mañá pola mañá. Ambas as burelistas viaxarán desde Tenerife tras os dous amigables entre España e Portugal desta semana, que se saldaron con repartición de vitorias; o martes a Vermella impúxose por 4-3, con gol inaugural de Peque, e o mércores tocoulle ao combinado rival, con 1-2. “Adestramos con escaseza de efectivos, pero foi por unha boa causa. Aproveitaremos o último adestramento ao máximo para perfilar eses pequenos detalles que nos darán os tres puntos o sábado” concluía Ana Romero.

Derbi para o Futsi


Con tan só 1 punto de desvantaxe das laranxas, o Futsi Atlético Navalcarnero regresa á competición con derbi madrileño, na casa do Leganés Masdeporte, undécimo clasificado, con 13 puntos.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores