Noticias
12 de xaneiro de 2019
O Pescados Rubén faise máis forte nas Canarias (1-5)
O Pescados Rubén Burela FS regresa esta noite coa primeira vitoria da segunda volta e do ano, tres puntos conseguidos na difícil cancha do correoso Gran Canaria (3-5) que o fan máis forte no liderado de Segunda LNFS. Tras o gol de Iago Míguez, rozando o descanso, os mariñáns conseguiron ampliar distancias no segundo acto, cun duelo de xogo de cinco que caeu ao lado galego.

Tivo que facer fronte o Pescados Rubén Burela FS a un partido moi intenso, con dominio e posesión, aínda que tamén con resistencia nos últimos metros. Os de Juanma Marrube dispuxeron de varias ocasións dun contra un, sen éxito, fronte a un Gran Canaria que apertou pero non xerou demasiado perigo. A tan só 9 segundos para o descanso, Iago Míguez, desde saque de esquina, adiantouaos galegos, no regreso do 5 laranxa ás pistas, no seu primeiro partido da tempada.

No reinicio, os locais igualaron a cita, no minuto 24, con Álex Rivero que aproveitou un balón dividido tras unha perda laranxa. Resistíuselles o gol aos mariñáns dez eternos minutos. O sempre máxico Matamoros sorteando a Agus coa zurda asinou o 1-2. Foi polo partido o Gran Canaria con porteiro xogador. Cumpríase o minuto 34 de xogo e precisamente, os Juanma Marrube conseguiron ampliar a fenda tan só 2 minutos despois, con xogo de cinco liderado por Matamoros e Iago Míguez vendo de novo portería. Renato, a porta baleira, no 37 anotou o 1-4. Tras a segunda amarela para Álex Rivero, Matamoros sentenciou no 39, rematando na área, en superioridade.


Ficha técnica

Gran Canaria FS: Agus, Saúl, Juanillo, Xullo, Alex Rivero, cinco inicial; tamén xogaron Marrupe, Alex Velasco, Mehdi, Abimael.

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Juanfran, Lucho, Luisma, Porto, Matamoros, Iago Míguez

Goles: 0-1, minuto 20, Iago Míguez, 1-1, minuto 24, Álex Rivero; 1-2, minuto 34, Matamoros; 1-3, minuto 36, Iago Míguez; 1-4, minuto 37, Renato; 1-5, minuto 39, Matamoros

Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha (Colexio Madrileño). Por Gran Canaria amarela para Abimael, Dani e dobre amarela para Álex Rivero. Por Burela amarela a Juanfran.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Segunda LNFS Álex Rivero disputado no Centro de Deportes Insular de Gran Canaria.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores