Noticias
18 de xaneiro de 2019
As Guerreiras pechan a primeira volta ante el novel Femisport, na estrea da Tarde Laranxa
Desde o cume de Primeira Liga Foro 16 Feminismo as Guerreiras Laranxas pecharán a primeira volta mañá coa visita do novel Femisport Palau, que recalará en Vista Alegre pechando a táboa para estrear a Tarde Laranxa, ás 17.00 horas. O broche estará protagonizado por outro líder laranxa, o de Segunda LNFS; os pupilos de Juanma Marrube enfrontaranse ao Software DELSOL Mengíbar, nun duelo da zona alta, a partir das 20.00 horas. Haberá entrada única, para non soci@s adult@s, a 10 euros; para os/as menores de 18 será gratuíta.

“Estou cun ganas incribles de volver xogar. Xa puiden estar convocada a semana pasada e oxalá poida ter os meus primeiros minutos en Vista Alegre, non hai mellor sitio. Estou moi contenta; o xeonllo vaime respondendo e fisicamente voume atopando moito mellor, pero teño eses nervios de cando empeza a xogar” confesaba así, exultante, Bea Mateos a súa emoción polos que poden ser os seus primeiros minutos da tempada, tras a intervención de xeonllo á que foi sometida no verán.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas chegan ao ecuador cun rival, a priori, accesible para manterse no liderado, que custodian con 39 puntos, 1 por riba do Atlético de Madrid Navalcarnero. O Femisport non o está pasando ben na súa primeira tempada na elite; só puido puntuar con Poio Pescamar (2-2, xornada 2). “É un ascendido; leva 1 punto. Non deberiamos ter problemas pero hai que xogar o partido” advertía a capitá burelista, facendo fincapé para a concentración en todo momento, sen relaxación.

Bea quixo agradecer o apoio da Bancada Laranxa e animar á afección nesta primeira Tarde Laranxa de 2019. “Sempre nos gusta coincidir. Espero que sexa unha tarde moi boa para os dous equipos. Esperamos gañar o noso partido e despois aí estaremos para animar os rapaces. A xente está moi enchufada. Só espero que nos sigan apoiando e que veñan o sábado a Vista Alegre; axudarannos aos dous equipos a sacar os tres puntos e a seguir líderes”, matizaba a 14 burelista.


Non formarán parte da convocatoria Jozi, sancionada con 1 partido tras a expulsión en Alacante, nin Cilene, por molestias nun xeonllo. Entrarán dende Comarcal A Fervenza FSF Lucía Paz e Claudia Rey.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS. 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 18. Claudia, 19. Luci, 21. Lucía
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores