Noticias
25 de xaneiro de 2019
O líder dobrega o actual campión na súa casa
O Pescados Rubén Burela FS abriu esta tarde a xornada 18 de Segunda LNFS aferrándose ao liderado recuperando a vitoria, con 2-4 na casa de ElPozo Ciudad de Murcia, actual campión de liga. Tras tomar a iniciativa no marcador no minuto 10, os galegos encaixaron no 2-1 sobre a bucina do descanso nun primeiro acto igualado, con boas fases para ambas as escuadras; na segunda parte os de Juanma Marrube deron un pase adiante en defensa, ante un rival que apenas xerou perigo, e despregaron todas as súas armas para apropiarse do electrónico.

O murciano Juanfran adiantou os laranxas no ecuador da primeira parte nunha recuperación, en galopada pola banda. Chegando ao descanso os murcianos, con Cristian, puxeron as táboas nun disparo exterior que desestabilizou a Edu . Segundos despois o Burela sumou a quinta falta e Shimizu deulles a vantaxe aos locais, en dobre penalti.

Non tardaron os de Juanma Marrube en igualar a contenda tras o descanso, en estratexia, no minuto 23, cun balón que deu en Alberto García antes de cruzar a liña de meta. Tres minutos despois, os galegos recuperaron a iniciativa no electrónico cun lanzamento de Hélder, en situación de pivote, que tocou en Cobarro en tentativa de despexe. Con case tres minutos para o final, Matamoros ampliou distancias co 2-4, de falta directa. Foi entón cando os murcianos reaccionaron con xogo de cinco ante un Pescados Rubén Burela FS exemplar en orde, que ata dispuxo dalgunha recuperación, como a de Hélder, para ampliar a fenda.


Ficha técnica

ElPozo Ciudad de Murcia FS: Guillamón, Alberto García, Cristian, Gambín, Cámara, cinco inicial; tamén xogaron Shimizu, Josema, Cobarro, Isma, Sergio

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, Porto, Juanfran, Pope, cinco inicial; tamén xogaron Hélder, Lucho, R. Vargas, Iago Míguez, Matamoros

Goles: 0-1, minuto 10, Juanfran; 1-1, minuto 19, Cristian; 2-1, minuto 20, Shimizu (d.p.); 2-2, minuto 23, Alberto García (p.p.); 2-3, minuto 26, Cobarro (p.p.); 2-4, minuto 37, Matamoros

Árbitros: Montero Galán // Navarro Rodríguez (Colexio Castelano-Leonés). Por ElPozo amarela a Isma (minuto 20), Guillamón (minuto 33), Alberto García (minuto 37), Josema (minuto 37). Por Burela amarela a Matamoros (minuto 20), Luisma (minuto 33), Juanfran (minuto 36)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Segunda LNFS disputado o Palacio dos Deportes de Murcia.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores