Noticias
26 de xaneiro de 2019
As Guerreiras Laranxas resolven o derbi no primeiro acto (4-0)
As Guerreiras Laranxas resolveron o derbi irmandiño fronte ao Viaxes Amarelle FSF no primeiro acto con 4-0. Para o Pescados Rubén era importante comezar a segunda volta cun bo partido, sen baixar a intensidade, e así fixo, para aferrarse á primeira praza.

As de Julio Delgado e Lucas afianzáronse antes de ecuador ante un novísimo equipo co ambición que tamén saíu ofrecendo unha presión alta, aínda que sen perigo. Peque, nunha cita sublime coma sempre, adiantou as laranxas xa no minuto 5. Superado o ecuador da primeira parte, as herculinas apostaron por xogo de cinco para buscar a sorpresa e igualar o partido. Con todo aos dous minutos, Dany atopou o segundo local, sen porteira. Chegou entón o minuto de ouro das de Juio Delgado e Lucas, cun golazo da internacional Peque, en carreira de lonxe e á escuadra, e de Cilene, que rematou o saque de esquina de Cami en rexeite de Cristina.

As de Jorge Basanta quixeron ir a por todas no regreso ao parqué, de novo con xogo de cinco. Jozi, no minuto 23, puido anotar o quinto a porta baleira. Seguiron alternando a porteira xogadora as coruñesas con boas actuacións de Jozi. Con esta cómoda vantaxe de 4-0, as locais foron gañando en xogo aínda que a finalización deulles as costas fronte a Aida, que debutaba esta tarde en Primeira RFEF, freando grandes ocasións locais, como a de Cristina no 25 ou a Alves no 27.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Cilene, Lara Balseiro, Jenny, Bea Mateos, Alves

Viaxes Amarelle FSF: Aida, Iraia, Martita, María Gómez, Irune, cinco inicial; tamén xogaron Reneé, Inés, Patri, Mónica

Goles: 1-0, minuto 5, Peque; 2-0, minuto 14, Dany; 3-0, minuto 17, Peque; 4-0, minuto 17, Cilene

Árbitros: Rey Hermida // Presedo García. Por Amarelle amarela para Inés (minuto 8)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas. A Bomboneira gardou un emotivo minuto de silencio en memoria do pequeno Julen.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores