Noticias
3 de febreiro de 2019
As laranxas impóñense ao Zaragoza cunha segunda parte irresistible (2-8)
As laranxas pechan a xornada 17 e chegan ao descanso pola Eurocopa custodiando a primeira praza de Primeira Liga Foro 16 Feminismo. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu tres novos puntos sobre o Sala Zaragoza, en postos de descenso, cunha segunda parte irresistible (2-8). Comezaron as de Juio Delgado e Lucas con demasiado tenteo ante un rival que soubo aguantar ben con 1-2, aínda que tras o descanso as galegas demostraron que querían ir a polo partido e conseguiron a vantaxe de 1-8 en tan só sete minutos, co infinidade de ocasións e sen perigo das locais.

Dany foi a primeira en avisar, xa no minuto 2, cun disparo que se estrelou contra o largueiro. Con todo, foron as locais as que estrearon o marcador, no minuto 7, cun lanzamento baixo de Jenifer. Cami empatou a contenda, no 10, nunha transición de Peque. Boix e Livia, en dúas ocasións, puxeron a proba a rede Jozi, con boa resposta da meta brasileira, e despois as galegas souberon aproveitar un desaxuste defensivo das aragonesas, nas zapatillas de Cilene, para poñerse por diante con catro minutos para o descanso.

Regresou á pista Pescados Rubén sen contemplacións. Cristina, por partida dobre no minuto 24, e Luci, no 25, ampliaron a fenda ata o 1-5. Antes de chegar ao ecuador da segunda parte, a sempre máxica Cilene selou o 1-6, en libre indirecto; Cami anotou no minuto 30, en contragolpe, e Alves subiu ata o 1-8, no 31. A falta de cinco minutos, o Sala Zaragoza puido mitigar levemente a avalancha goleadora das laranxas co 2-8 de Sarah, aproveitando un rexeite a tentativa de Livia; o conxunto local tan só tivera outras dúas oportunidades sobre a rede laranxa nesta segunda parte.

Regreso da liga, sábado 23

A liga de Primeira retomarase o sábado 23, abrindo a Tarde Laranxa Pescados Rubén Burela FS-FSF Móstoles, seguido do derbi irmandiño de Segunda LNFS fronte a Santiago Futsal.

Ficha técnica


AD Sala Zaragoza: Suzan, Jenifer, Livia, Boix, Lioba, cinco inicial; tamén xogaron Laura R., Sarah, Rocío, María José

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Peque, Cami, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Cristina, Cilene, Luci, Bea Mateos, Alves, Ana Romero

Goles: 1-0, minuto 7, Jenifer; 1-1, minuto 10, Cami; 1-2, minuto 16, Cilene; 1-3, minuto 24, Cristina; 1-4, minuto 24, Cristina; 1-5, minuto 25, Luci; 1-6, minuto 29, Cilene; 1-7, minuto 30, Cami; 1-8, minuto 31, Alves; 2-8, minuto 35, Sarah

Árbitros: Greppi Berges // Fallas Martínez. Por Zaragoza amarela a Lioba (minuto 30). Por Burela amarela a Alves (minuto 40)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en La Granja.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores