Noticias
15 de febreiro de 2019
Súmate á Marea Laranxa con Mahou!
Desde o cume de Segunda LNFS, o Pescados Rubén Burela FS e Mahou únense no duelo deste sábado con Real Betis Futsal, no Partido Mahou (17.00 horas, TVG2 // www.lnfsdirecto.es). Vista Alegre asolagarase de cor para formar unha gran Marea Laranxa na bancada que impulsará os pupilos de Juanma Marrube nunha das xestas máis importantes da tempada, para defender o liderado ante un rival directo, un dos grandes candidatos ao ascenso, que recalará na Bomboneira como máximo goleador e menos goleado da categoría, con tan só tres puntos de desvantaxe cos galegos.

Xogo Mahou Cinco Estrelas

Durante o descanso do partidazo da xornada, co liderado en xogo, a cervexeira porá en marcha o xogo de Mahou Cinco Estrelas, no que se premiará a puntería da afección sobre a pista de Vista Alegre. O/a máis acertado/a conseguirá a súa camiseta oficial do Pescados Rubén Burela FS con Mahou.

Ademais, Mahou co obxectivo de desenvolver experiencias innovadoras coas persoas, pon en marcha unha promoción a través da que, por cada entrada anticipada (non soci@) ou por cada carné de abonado presentado na sede do club, os afeccionados poderán gozar dunha cervexa antes do partido en Parrillada Jandro, Palacio de Cristal ou cafetería Vista Alegre.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores