Noticias
19 de febreiro de 2019
A Irmandiña e Jorge Quelle, despedida do Nacional en semifinais
A Selección Galega e Jorge Quelle despedíronse esta fin de semana do Campionato de España Sub16 de Fútbol Sala en Las Rozas, nas semifinais, logo de perder contra o campión, Castela A Mancha (5-8), que se impuxo a Murcia na gran final (4-9).

Foi un bo partido, pero cun mal resultado. Galicia mereceu máis, pero o porteiro manchego foi un muro. O partido foi emocionante e moi disputado, con dous equipos buscando a portería rival e creando bastantes ocasións, incluso con momentos brillantes de fútbol sala. O arranque do partido foi trepidante, marcando Castela A Mancha no primeiro minuto pero respondendo Galicia cun tanto de Jorge Quelle de inmediato, no entanto os galegos tiveron que pelexar con marcador en contra ata o final.


FICHA TÉCNICA

GALICIA: Diego Vázquez, Arturo Camiña, Ángel Chans, Raúl Rivadulla, Iago Rodríguez -cinco inicial- Adrián Martínez, David Árias, Jorge Quelle, Iker Arango, Alán Álvarez, Lucas Antaón e Yago Tenreiro.

Seleccionador: Emilio José Fernández Medin "Pachi"

CASTELA A MANCHA: Pablo Pascual, David García, Rubén Tordesillas, Pablo Cendán, Fernando Díaz-Cano -cinco inicial- Jorge Salcedo, Gonzalo Suárez, Diego Baratas, David García, Ethan Arriero, Diego Linares, Eric Alfonso e Sergiu Ioan.

Seleccionador: Enrique Hernando Barrio

Goles: Galicia 5 (Jorge (2), Raúl, Arturo e Yago); Castela A Mancha 8 (Fernando (3), Gonzalo (3), David (2).

Árbitros: Cristian López Muñoz, Jairo Leyva Martínez.

Pavillón: Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores