Noticias
19 de febreiro de 2019
Ofrecemento de título xuvenil
Fíxose esperar pero por fin o conxunto xuvenil do Pescados Rubén Burela FS puido ofrecerlle á bancada de Vista Alegre un dos seus títulos máis recentes, o de campión de Liga de División de Honra Xuvenil 2017-18.

O presidente, Manuel Blanco, recibiu os xogadores o sábado pasado, que saltaron ao parqué o sábado ante a gran Marea Laranxa que agardaba do duelo de altura de Segunda LNS entre o Pescados Rubén e Real Betis Futsal, no que os pupilos de Juanma Marrube se reafirmaron no liderado (5-4).

O conxunto de Christian Fustes, na xornada 19, pecha o podio de División de Honra Xuvenil con 46 puntos, empatado co cuarto, Santiago Futsal. Vigo 2015, con 51 puntos, lidera a táboa, con 5Coruña na segunda praza, con 48.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores