Noticias
19 de febreiro de 2019
España Sub-17 reclama a Jorge Quelle
Outra boa nova para o cadete laranxa Jorge Quelle. Tras o seu periplo desta fin de semana coa Selección Galega na final do Campionato de España Sub-16 de Las Rozas, hoxe mesmo a Xoia Laranxa recibiu a convocatoria de nada máis e nada menos que España Sub-17.

O xogador de base do Pescados Rubén Burela FS participará na concentración da Vermella en Mallorca, entre o 24 e o 28 de febreiro, para disputar senllos amigables fronte a Portugal, en Calviá e Capdepera.

Noraboa, Jorge!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores