Noticias
19 de febreiro de 2019
Un anaquiño da histórica Eurocopa chega hoxe a Burela
Un anaquiño do orgullo da primeira edición da Eurocopa Feminina de Fútbol Sala a UEFA chegará hoxe a Burela. As flamantes campioas que acaban de facer historia con España na cita de Gondomar, Peque e Luci, poderán incorporarse hoxe á dinámica do cadro de Pescados Rubén Burela FS, xunto a outra das grandes triunfadoras do Europeo, Jenny, subcampioa con Portugal, anfitrioa.

Tras o claro triunfo fronte a Rusia (0-5), Peque e Luci víronse as caras na gran final con Jenny, despois da vitoria lusa (1-5) sobre Ucraína. Na pugna polo título a Vermella mandou sobre a pista, con 4-0.

Noraboa, rapazas. Grazas por facer máis grande este deporte!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores