Noticias
23 de febreiro de 2019
O parón séntalles ben ás Guerreiras
A Liga Foro 16 Feminismo non perdeu o brillo laranxa no parón da Eurocopa. As Guerreiras retomaron a competición con nova vitoria para manter a recado o liderado. As mariñás encomendáronse ao traballo e capacidade de sacrificio para facerse donas dun encontro moi duro fronte ao Móstoles FSF (5-1), con iniciativa local no marcador aínda que sen comodidade ata a recta final.

Certa ansiedade e falta de finalización pesou nos primeiros minutos nas filas locais, dominadoras da cita. Probaron as Guerreiras Laranxas co xogo de cinco liderado por Cami, no minuto 12, pero non fixo falta, porque por fin chegou o gol. A campioa de Europa Peque subiu o 1-0 no minuto 13, tras unha recuperación; nada puido facer a defensa mostoleña na arremetida mariñá, culminada pola 7, en triangulación con Bea Mateos e Dany.

Alicia puxo o primeiro perigo para a meta de Jozi, no 23. Na seguinte foi a propia 9 mostoleña a que non conseguiu chegar ao segundo pau nun balón parado de Patri Chamorro. Con todo en menos dun minuto, as burelistas ampliaron a renda nas zapatillas de Cristina para finalizar unha gran chegada de Peque. As de Carlos Santamaría aplicáronse en defensa para frear a circulación de balón das locais e aproveitar; en pena máxima de Patri Chamorro fronte a Ana Romero (minuto 32) recortaron co 2-1. Volvían crer as visitantes no remontada pero Peque, en xogada individual, deu un golpe sobre a mesa tan só 1 minuto despois para o 3-1.

Non se conformaron as da capital e apostaron por xogo de cinco con Rocío Robles, demostrando unha gran solidez defensiva as de Julio Delgado e Lucas na recta final. Dany no 35 evitou o segundo das mostoleñas ante o gran perigo de Patri Chamorro. Jozi, no 36 e 37, tamén desartellou as intencións de Inma Martín primeiro e despois de Carmen Alonso. A falta de 51 segundos para a bucina final Peque parecía que sentenciaba a cita, a porta baleira, pero Cristina conseguiu adornar o regreso da liga a 4 segundos co definitivo 5-1, tamén sen meta.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Cami, Lara Balseiro, cinco inicial; tamén xogaron Peque, Jenny, Bea Mateos, Luci, Bea Mateos, Jozi

Móstoles FSF: Silvia, Patri Chamorro, Inma Martín, Alicia, Carmen Alonso, cinco inicial; tamén xogaron Desirée, Rocío Robles

Goles: 1-0, minuto 13, Peque; 2-0, minuto 24, Cristina; 2-1, minuto 32, Patri Chamorro; 3-1, minuto 33, Peque; 4-1, minuto 40, Peque, 5-1, minuto 40, Cristina

Árbitros: Martínez Torres // Sierra Márquez (Pontevedra). Por Burela amarela a Lara Balseiro (minuto 32). Por Móstoles amarela a Patri Chamorro (minuto 23)¸ Alicia Benete (minuto 24), Inma Martín (minuto 38)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 18 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas. As internacionais da Eurocopa, Peque, Luci e Jenny, recibiron a ovación e recoñecemento de Vista Alegre, coa entrega de placas conmemorativas por parte do presidente, Manuel Blanco; vicepresidenta, Cesarina Fanego, e o directivo Rubén Blanco.








Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.