Noticias
8 de marzo de 2019
Arranca a Xira Descubre o Fútbol Sala, co CD Lugo
Descubre o Fútbol Sala volve un curso máis aos centros escolares da Mariña e con novidades, coa máxima referencia do fútbol na provincia. O vindeiro luns o club burelista estreará a xira cun convidado de luxo, o Club Deportivo Lugo. Os membros dos primeiros equipos do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS participarán nun encontro con máis de 800 escolares da bisbarra, nunha acción enmarcada dentro do convenio de colaboración entre ambos os clubs.

O equipo albivermello adestrará no de fútbol Martínez Otero de Foz ás 10.00 da mañá, nunha sesión aberta a todos aqueles cativos e cativas que desexen coñecer aos seus ídolos. Ao remate do adestramento, os xogadores e xogadoras do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS visitarán 8 centros escolares de Foz, Burela, Alfoz e Ferreira.

Este evento constitúe unha nova mostra da colaboración entre as dúas entidades na procura de favorecer o crecemento social de ambos os clubs, así como a difusión do deporte e os seus valores por toda a provincia.

Os colexios que se van visitar serán o Martínez Otero (Foz), Número 1(Foz), O Cantel (Foz), O Pilar (Foz), Santa María do Valadouro (Ferreira), Castro de Ouro (Alfoz), Virxe do Carme (Burela) e o Vista Alegre (Burela).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores