Noticias
9 de marzo de 2019
Tres sufridos puntos para seguir no cume
O Pescados Rubén Burela FS sumou esta tarde tres sufridos puntos na visita do vixente campión, Jimbee Roldán FSF (3-2), para manterse no cume de Primeira. Tras tomar vantaxe de 3-0 nunha primeira parte con intensidade e velocidade de balón, as pupilas de Julio Delgado viñéronse un pouco abaixo tras o descanso e tiveron que pelexar na recta final con porteira xogadora en contra e coa preocupación da lesión de Cristina, no minuto 31, que tivo que ser retirada da pista cunha gran dor no xeonllo.

Cami adiantou as locais antes de cumprirse o minuto 2 nun saque rápido de Peque ao bordo da área, que culminou Cami polo centro. O dominio das mariñás foi absoluto nos primeiros minutos, ata o punto que xa no 4, Joaquín Peñaranda se vía obrigado a pedir tempo. Jimbee non dispuxo de ocasións con perigo, ata o minuto 7, pero Cami, no 9, volveu facer acto de presenza para ampliar distancias, con terceiro, nas zapatillas de Peque, no 14.


Volveron ao parqué as escuadras coas forzas máis equilibradas. O Jimbee acurtou distancias cun disparo cruzado que pegou en Luci e desorientou a Jozi, baixo paus (minuto 25). A meta brasileira freou o segundo das visitantes roldando o ecuador, fronte a Alba. Con catro minutos por diante, Consuelo reduciu distancias con xogo de cinco. O Pescados Rubén Burela FS aferrouse aos tres puntos con uñas e dentes nun final de infarto. Jozi, no 39, salvagardou o 32 nun dobre penalti. O Jimbee aínda dispuxo doutro dobre penalti e dun saque de esquina nos últimos segundos e Dany a punto estivo de ver o cuarto a porta baleira.


Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Peque, Cami, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jenny, Luci, Lara Balseiro, Popó, Alves, Jozi


Jimbee Roldán FSF: Etayo, Bet, Mayte Mateo, Clara, Consu, cinco inicial; tamén xogaron Mirian, Ángela, Andrea, Alba, Tere

Goles: 1-0, minuto 2, Cami; 2-0, minuto 9, Cami; 3-0, minuto 14, Peque; 3-1, minuto 25, Luci (p.p.); 3-2, minuto 37, Consu

Árbitros: Dacal Deza // Castro Nantes. Por Burela amarela a Dany (minuto 10). Por Jimbee amarela a Andrea (minuto 10), Ángela


Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas. As internacionais da Eurocopa, Peque, Luci e Jenny, recibiron a ovación e recoñecemento de Vista Alegre, coa entrega de placas conmemorativas por parte do alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, acompañados polo presidente laranxa, Manuel Blanco. A Bomboneira gardou un minuto de silencio en memoria de Marta Seoane Insua, avoa da xogadora Lara Balseiro.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores