Noticias
22 de marzo de 2019
Visita ao complicado Penya Esplugues
O Pescados Rubén Burela FS defenderá unha semana máis o liderado (60 puntos) de Primeira Liga Foro 16 Feminismo cunha tarefa complicada por diante, repetindo xornada a domicilio. Será mañá na casa do AE Penya Esplugues (16.00 horas, Les Moreres), un rival que desde a sétima praza (35 puntos) pelexa por afianzarse en zona de privilexio para a Copa da Raíña. A cita poderá seguirse en directo vía streaming.


PARTIDO EN DIRECTO. LIGAZÓN

“Vimos reforzadas da vitoria do Leganés (1-4), cumprimos co traballo que nos pediron Julio e Lucas e soubemos sacalo adiante, fronte a un rival moi pechado, ante o que tivemos paciencia” explicaba Dany, ante un novo reto para manter a renda de 3 puntos e a primeira praza, sobre Futsi, que se medirá esta semana ao Móstoles FSF, noveno. “Agora toca outro desprazamento difícil pero temos que aproveitar que o rival está nunha dinámica negativa, vén de perder varios partidos e temos que sacar rendibilidade diso, aínda que tamén sendo conscientes de que estarán moi motivadas, en plena loita por garantir estar entre os oito primeiros” advertía a 3 burelista do inimigo a bater na xornada 22, que encadea tres derrotas e buscará recuperar boas sensacións ante as Guerreiras Laranxas.

“Temos a responsabilidade de ser líderes pero tamén somos conscientes de que chegamos ata aquí con traballo diario, ninguén nos vai regalar nada e así temos que afrontar cada partido ata o final de liga”, concluía a pivote brasileira, incidindo na paciencia para bater a defensa zonal do Penya Esplugues.

Na ida os tres puntos quedaron en Vista Alegre, 3-0.

A escuadra de Julio Delgado e Lucas realizou a última sesión da semana esta mañá, xa en terras catalás, coa reincorporación de Cilene á convocatoria logo dun mes, tras superar os seus problemas de xeonllo.

Expedición Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci


A Coruña, sede da final de Copa Galicia

O Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña lucirá as súas mellores galas durante os días 20 e 21 de abril para albergar a fase final da XIII edición da Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala, baixo a organización da Real Federación Galega de Fútbol e coa colaboración do Viaxes Amarelle FSF, como anfitrión. O Pescados Rubén Burela FS pelexará nas semifinais o sábado 20, ás 20.30 horas, fronte ás herculinas. Antes, ás 18.30 horas, o outro billete decidirase entre Ourense Envialia e Cidade das Burgas. A pugna polo título está prevista para o domingo 21, ás 12.30 horas. “Aínda queda moito. De momento estamos centradas na liga, pero a Copa é unha cita que nos gusta moito; reunirá os mellores equipos galegos e preto da casa. Será unha festa para a afección” concluía Dany.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores