Noticias
29 de marzo de 2019
Tarde Laranxa, sen fiarse de Talavera
Quedan 5 finais. Os pupilos de Juanma Marrube reciben mañá o Soliss Talavera FS na xornada 26 buscando reafirmar o seu privilexio no cume de Segunda LNFS (60 puntos). A cita arrincará ás 20.15 horas, pechando unha gran Tarde Laranxa en Vista Alegre abrirá o derbi galego de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo entre as Guerreiras Laranxas, tamén líderes, e o Poio Pescamar FSF.

“Este volve ser un partido clave para conseguir o obxectivo, logo dunha moi boa semana de traballo. Temos que saír moi concienciados e aprender dos erros que nos fixeron ir a contracorrente a semana pasada. Sabemos que temos que ser máis equipo que nunca e dar a nosa versión para levarnos os tres puntos porque Talavera vai vir a por todas” advertía Juanfran, destacando o gran traballo realizado na pista de Colo Colo Zaragoza (3-5), con dúas dianas asinadas polo murciano: “Empezou costa arriba con 2-0, por fases frearon o noso xogo, pero ao final soubemos darlle a volta ao partido” valoraba o 11 laranxa.

Talavera chegará á Bomboneira na undécima praza en horas baixas tras o ecuador liguero; dos seus 29 puntos, só puido conseguir 9 nesta segunda volta. Con todo, Juanfran advirte do seu perigo, en virtude do empate 2-2 da súa experiencia sobre a pista: “Na primeira volta xa foi un enfrontamento moi duro, foi un dos partidos máis difíciles, desde o meu punto de vista. É un equipo con xogadores que entenden moi ben as diferentes fases do xogo e con referencias como Sergio, Justo Cáceres ou Asensio, con experiencia. Estivemos traballando no seu “xogo de catro e xogo entre liñas, fixándonos en que aproveitan moi ben os erros, por iso temos que estar moi atentos para minimizar as nosas perdas” advertía o burelista.

Juanfran confesa o seu entusiasmo pola proximidade do soño laranxa, pero tamén quere ser cauto, paciente e realista: “Atópome moi ben, sobre todo mentalmente; podemos gozar de algo marabilloso que temos ao alcance da man, pero pensando partido a partido, co obxectivo posto de momento só en Talavera”.

No vestuario, Iago Míguez poderá volver á lista.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 7. Porto, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 17. Nito, 23. Imanol CD, 30. Hélder


Zona Infantil

Os máis pequenos poderán gozar durante toda a Tarde Laranxa de zona infantil, con hinchables e pintacaras.


Xogo Mahou Cinco Estrelas


Durante o descanso, a cervexeira porá en marcha o xogo de Mahou Cinco Estrelas, no que se premiará a puntería da afección sobre a pista de Vista Alegre. O/a máis acertado/a conseguirá a súa camiseta oficial do Pescados Rubén Burela FS con Mahou.


Un refrixerio a media tarde


Para recuperar forzas e facer máis levadeira a espera para o segundo acto da Tarde Laranxa, con Pescados Rubén Burela FS-Soliss Talavera, a clientela do bar poderá degustar, con cada consumición, un bocadillo de chourizo á brasa.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.