Noticias
5 de abril de 2019
Majadahonda estrea a recta de 7 finais para las burelistas
O Pescados Rubén Burela FS medirase ao Majadahonda FSF este sábado (La Granadilla, 20.00 horas) na primeira das sete finais que lles quedan por diante ás Guerreiras Laranxas e, como antesala do gran duelo, con Atlético de Madrid, do día 13.

As mariñás continúan no seu firme empeño de defender o liderado (66 puntos). “A nosa mente só está posta en Majadahonda. Sabemos que non vai ser doado, na primeira volta xa nos plantou cara (3-1). Con esta adestradora o equipo é outro totalmente; experimentou un gran cambio. É máis bloque, cun xogo máis colectivo, e faise forte na súa pista” advertía a capitá, Bea Mateos.

O equipo de Julio Delgado e Lucas intentará aproveitar as boas sensacións tras o derbi irmandiño: “O equipo saíu moi contento do partido da semana pasada con Poio (5-1), fixemos algúns cambios en defensa e funcionaron moi ben. Esperamos seguir nesta dinámina e liña para conseguir os tres puntos de novo este sábado”, confesaba con optimismo a 14 laranxa, antes de viaxar á pista dun rival que “sabe aproveitar moi ben os erros e ten moita velocidade”.

Aos poucos, a capitá burelista está mellor, tras o seu regreso ás pistas en xaneiro, logo da súa operación de xeonllo: “Teño moitas ganas, cada vez atópome mellor, teño máis minutos e iso axúdame en confianza. Queda o máis bonito nesta recta final. Quedan tres títulos por diante e seguiremos cada día con máis ganas para intentar pelexar por todo” recoñecía así Bea Mateos.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS. 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Alves, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Luci
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores