Noticias
4 de abril de 2019
Achega laranxa á Semana do Deporte de Burela
Como xa toda unha tradición, o Pescados Rubén Burela FS colaborou na Semana do Deporte de Burela, coa participación onte nos circuítos das escolas infantís da vila. Ana Romero, Renato, R. Vargas, Imanol, Jozi, Jenny, Juanfran e Porto pasaron unha divertidísima mañá con preto de 70 nen@s de 2 e 3 anos.

O club laranxa tamén tivo presenza na charla de Muller e Deporte, co testemuño de Peque sobre actualidade no deporte feminino, xunto a Pilar Neira, fundadora de Mudega, a árbitra asistente internacional de fútbol Tania Fente e a atleta burelá Carla Trillo, coa moderación do vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, Jesús Vázquez Tallón.

As actividades desta Semana, que arrancaron o mércores cun taller de atletismo nos centros de ensino primaria e un clínic do base do Obradoiro CAB Albert Sàbat co Club Baloncesto Burela, continuará ata o domingo con pádel, circuíto infantil BTT, rutas de camiñada, xadrez...
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores