Noticias
9 de abril de 2019
Venda anticipada para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica
O Pescados Rubén Burela FS xa ten aberta a venda anticipada de entradas para unha Tarde Laranxa que pode ser histórica, coa pelexa polo gran soño da elite, fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30 horas), e o Clásico de Primeira RFEF ante o Futsi Atlético Féminas (20.30 horas), con emisión en directo por TVG2.

Ata o venres, día 12, ás 14.00 horas, os/as non socios/as poderán pasar pola sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) para adquirir a súa entrada.

Prezo Non Soci@s

Adult@: 10 euros
Menores de idade: Gratuíto

Soci@s: Gratuíto (acceso habitual, con carné de abonad@ 2018-19)



Asolaguemos Vista Alegre de Laranxa!!! Facendo Historia!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores