Noticias
10 de abril de 2019
Os socios/as deberán recoller a súa entrada para a Tarde Laranxa
Debido á gran demanda e interese que está suscitando a Tarde Laranxa deste sábado, os socios/as do Pescados Rubén Burela FS terán que recoller a súa entrada (gratuíta) para os partidos de Segunda LNFS fronte ao Noia Portus Apostoli (17.30horas) e Primeira RFEF co Clásico ante o Futsi (20.00 horas), con emisión en directo de TVG2.

Para acceder as instalacións o sábado todos os socios/as deberán dispoñer da súa entrada, que poderán retirar na sede do club xoves e venres ou no pavillón, o sábado pola mañá.

Xoves e venres (sede laranxa): 8.30-14.00 horas//16.00-19.00 horas
Sábado (pavillón Vista Alegre): 11.00-13.00 horas


A venda anticipada de non socios/as xa está esgotada. Reabrirase en taquilla, o sábado, ás 16.30 horas.


AVISO!!! Os abonos de socios/as que non teñan retirada a súa entrada ese día, as 17.15 horas poderán liberarse.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores