Noticias
12 de abril de 2019
Vista Alegre só poderá abrir taquilla para os socios/as
Dende o Pescados Rubén Burela FS agradecemos o interese amosado por parte da afección tanto da Mariña coma de fóra da bisbarra para apoiarnos mañá nunha Tarde Laranxa que pode ser histórica, pero finalmente a taquilla só estará dirixida a socios/as.

Vémonos na obriga de tomar esta medida para garantir o control de aforo debido á gran demanda que recibimos ao longo da semana, en venda anticipada, localidades de menores de idade e entradas de socios/as.

Horario de Vista Alegre, sábado:

11.00-13.00 horas
A partir das 16.30 horas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores