Noticias
20 de abril de 2019
Debut laranxa na historia da Minicopa
O Pescados Rubén Burela FS debutou esta tarde na historia da Minicopa Infantil cun proxecto de futuro laranxa. O combinado dirixido por Jairo Campo tivo a honra de estrearse fronte ao anfitrión, Viaxes Amarelle FSF. As infantís Ester Riveira e Sofía Otero, xunto ás alevíns Claudia Rodríguez, Iria Eijo, Carmen Díaz, Noelia Fernández, María Fuente, Cayetana Trelles, Lola Muñoz e Fátima Guillén mostraron a mellor das actitudes neste gran duelo cunha das grandes referencias do fútbol sala feminino galego de base, con vitorias final para as coruñesas.

Mañá ás 10.30 horas o Amarelle pelexará polo título da II Minicopa Infantil fronte ao Cidade das Burgas, que se impuxo na inauguración da cita irmandiña ao Ourense Envialia (0-5).
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores