Noticias
23 de abril de 2019
Peque e Luci, na lista definitiva da Vermella para Moscova
As burelistas Peque e Luci están na lista definitiva da Selección Española para o X Torneo Internacional 9 de maio Día da Vitoria (5-10 de maio, Moscova), coa presenza Rusia, España, Portugal e Irán.

A Selección Feminina estará concentrada na Cidade do Fútbol do 2 ao 5 de maio, para viaxar desde aí a Moscova. O combinado nacional estrearase fronte a Rusia o luns 6 de maio, ás 18:00 hora española no Aquarium Sport Center. Ao día seguinte, chegará o momento de reeditar a final da última Eurocopa. España e Portugal volveranse ver as caras, a partir das 15:00 hora española. Xa o xoves 9 de maio, as de Clàudia Pons xogarán o seu último partido ante a selección de Irán, ás 11:00 -hora española-.

Convocatoria de España. Ligazón

Preselección de Jenny, con Portugal
Jenny tamén recibiu esta mesma mañá a chamada do combinado luso como preseleccionada para disputar o torneo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores