Noticias
26 de abril de 2019
Volta á liga en Alcorcón co alento do título irmandiño
A Iiga de Primeira RFEF regresa de Semana Santa coas forzas máis equilibradas ca nunca no cume e cunhas Guerreiras Laranxas dispostas a pelexar contra vento e marea nas cinco finais que quedan por diante, co alento da reconquista da XIII Copa Galicia, o quinto título irmandiño para as burelistas tras impoñerse ao Ourense Envialia. Por diante preséntaselles un complicado reto na pista do cuarto clasificado, AD Alcorcón FSF, cuarto clasificado con 49 puntos; será mañá en Los Cantos a partir das 17.00 horas.

“Volvemos con confianza grazas a este título, co equipo máis unido e máis forte; estou moi contenta por poder vivir esta primeira alegría tendo tan pouco tempo no equipo” explicaba o reforzo de inverno, a brasileira Popó, que anotou o seu primeiro gol de laranxa na semifinal do trono autonómico, fronte ao Viaxes Amarelle FSF (5-0).

Alcorcon recibirá as galegas nunha gran dinámica de resultados e con tan só 1 punto de desvantaxe coa terceira praza, de Jimbee Roldán FSF. “Temos un adversario moi duro, con calidade individual e sabemos que non será nada doado” advertía a 18 laranxa, nun gran sprint final donde o Pescados Rubén Burela FS pelexa con Futsi polo ansiado soño, empatados a 69 puntos y co goalaverage a favor das madrileñas tras o Clásico; esta semana as de Andrés Sanz mediranse ao oitavo, Penya Esplugues. Con todo, as mariñás seguen sendo fieis á súa filosofía gañadora e sobre todo de constancia e afán de superación: “O noso obxectivo non cambiou; nós temos que seguir gañando e gañando. Aínda queda moita liga“, puntualizaba a pivote, moi contenta na súa experiencia no futsal español: “Estoume atopando moi cómoda no equipo e estou gozando ao máximo desta liga”.

Na ida o Pescados Rubén venceu 5-1.

A expedición partiu rumbo ao destino da xornada 26 este mediodía, ás 14.30 horas, coa incorporación de Cristina Lourés, de Comarcal A Fervenza. Ademais da lesionada de longa duración Cris, Julio Delgado e Lucas non poderán contar con Alves, que xa non participou na Copa Galicia, por unha escordadura de xeonllo.

Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 4. Cris, 6. Cilene, 7. Peque, 8. Cami, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 18. Popó, 19. Lucía


En diferido, La Otra de Telemadrid


La Otra de Telemadrid emitirá o duelo en diferido, o domingo, a partir das 10.00 horas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores