Noticias
26 de abril de 2019
Elche 3-1 Pescados Rubén
O campión de Segunda LNFS clausurou esta tarde-noite os seus compromisos a domicilio, na penúltima xornada, na pista do Axa Fita Port Elche (3-1), perdendo a imbatibilidade lonxe da casa ante un rival extramotivado que mandou no electrónico desde o minuto 11 para apropiarse de tres puntos que lle dan aire con respecto á zona de perigo.

Juanito adiantou os ilicitanos no minuto 11, en xogada individual. No regreso á pista, os locais ampliaron a vantaxe, con Héctor. Transcorreran cinco minutos do segundo acto e tardaron tres máis os de Juanma Marrube en apostar por xogo de cinco, con Renato. Tras optar por R. Vargas como porteiro xogador, no 34, os burelistas reduciron distancias con Juanito en propia porta. Con todo, a motivación do Elche deu unha nova vantaxe aos fraxiverdes, no 37, outra vez con Héctor. Os mariñáns afrontaron o último minuto en inferioridad, trala segunda amarela a Luisma, sen tempo para máis.


Ficha técnica

Axa Fita Port Elche: Rafa, Juanito, Adrián, Iborra, Kiwi, cinco inicial; tamén xogaron Héctor, Vicent Valdés, Rubi, Antonio Campos, Samu


Pescados Rubén Burela FS: Edu, Lucho, Luisma, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Iago Míguez, Juanfran, Renato, Matamoros, Pope, Porto

Goles: 1-0, minuto 11, Juanito; 2-0, minuto 25, Héctor; 2-1, minuto 36, Juanito (p.p.); 3-1, minuto 37, Héctor


Árbitros: Hidalgo Marín // Martínez Martínez. Por Elche amarela a Juanito (minuto 23), Rubi (minuto 24). Por Burela amarela para Luisma (minuto 33 e 40), Joselito (minuto 34), Renato (minuto 38)


Incidencias: Partido correspondente á xornada 29 de Segunda LNFS disputado en Esperanza Lag, que despediu a toda unha lenda, o porteiro Rafa, na súa retirada tras 21 anos de dedicación ao futsal da elite.







Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores