Noticias
4 de maio de 2019
Edu, Trofeo Sandoz ao Mellor Xogador 2018-19
O gardameta laranxa Eduardo Saavedra Cebreiro foi recoñecido esta tarde co Trofeo Sandoz ao Mellor Xogador da tempada 2018-19, coa valoración xornada a xornada de adestradores rivais, prensa e afección.

O xerente de Kessarys Joyeros, Jorge Orosa, acompañado de Manuel Blanco, fixo entrega do premio, un reloxo de pulseira.

O de Narón conseguiu facerse coa primeira praza do ránking de mellor valorados coa puntuación de 29 xornadas; completan a lista, por esta orde, Matamoros, Pope, Renato, Lucho, Juanfran, Hélder, Luisma, Pitero, R. Vargas, Joselito, Iago Míguez, Porto e Imanol.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores