Noticias
12 de xuño de 2019
Hélder non continuará no Pescados Rubén
O peche Hélder Gonçalves Semedo non continuará no Pescados Rubén Burela FS. O xogador caboverdiano, que creceu na estrutura laranxa desde a base, finaliza o 30 de xuño contrato; estreouse en Primeira en idade xuvenil e defendeu a camisola mariñá as catro últimas tempadas, xa como xogador sénior.

Hélder, a Familia Laranxa agradece toda a túa dedicación ao longo destes anos e deséxache o mellor na túa nova etapa, nas filas do Parrulo Ferrol FS. Vémonos nas pistas de Primeira!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores