Noticias
8 de xullo de 2019
Porto, mocidade e proxección entre Noia e Burela
O destino de José Antonio Capón Lamas, coñecido como Porto, navegará entre o Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burelas FS en aras da boa relación que une a ambas as entidades. O ala lugués defenderá a elástica do equipo coruñés en Segunda LNFS a próxima tempada e xa selou tamén o acordo que o manterá vinculado á Familia Laranxa entre 2020 e 2022.

Porto chegou á escuadra mariñá en 2018 desde o Prone Lugo, co 7 ás costas e avalado pola denominación de orixe galega, con mocidade e proxección, ademais de experiencia na categoría. Con 23 partidos de liga disputados nas filas laranxas, agora ao lugués, de tan só 22 anos, preséntaselle un novo reto en Segunda no que seguir medrando.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores