Noticias
23 de agosto de 2019
As Raíñas xa locen o agasallo de Joma
As Raíñas xa poden lucir unha peza moi especial grazas ao gran detalle do seu patrocinador deportivo, Joma, que regalou a xogadoras e corpo técnico unha chaqueta personalizada en recoñecemento polo título de I Copa de SM A Raíña (Burela, 2019).

O equipo de Juanma Marrube xa foi obsequiado tamén polo éxito do ascenso a Primeira LNFS, na primavera. A marca española e Pescados Rubén Burela FS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio o pasado verán dando continuidade a unha relación que comezou na tempada 2011-12. Joma vestirá a toda a estrutura do club laranxa ata 2020, tanto en Primeira División RFEF coma LNFS, así como aos máis de 160 nenos/as que compoñen as categorías de base.

¡Mil grazas!!!!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores