Noticias
23 de agosto de 2019
O Infantil Feminino e o Alevín de Autonómica súmanse á pretempada das Xoias
Aos poucos, as promesas laranxas vanse incorporando á pretempada. Esta semana tocoulles ao novo Infantil Feminino e ao Alevín de Liga Autonómica, que estarán dirixidos por David Riveira e Xela Bernardo, por unha banda, e Jairo Campo, pola outra.

Con estes dous xa son 5 os equipos de base que regresaron ao parqué de Vista Alegre, con Xuvenís, Cadetes e Infantil Masculino.

Últimas prazas para a Escola 2019-20

A matrícula da Escola Laranxa para o próximo curso estará aberta ata o 30 de agosto para as categorías Chupete (2016), Biberón (2014-15), Prebenxamín (2012-13), Benxamín (2010-11), Alevín (2008-09), Infantil (2006-07) e Cadete (2004-05), con prazas limitadas.

Poden descargar o formulario e atopar toda a información nesta
LIGAZÓN.
Documentos relacionados:
21 KB
Calendario Infantil Feminino 19-20
19 KB
Calendario Alevín Autonómica 2019-20
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores