Noticias
24 de agosto de 2019
Pescados Rubén, campión do Memorial José Huerta-Pablo Cortina
Autor: IN THE ZONE
As Guerreiras volveron brillar no segundo amigable da pretempada. O Pescados Rubén Burela FS proclamouse campión no Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa impoñéndose tamén no segundo compromiso da cita, con nova vitoria, 0-5 ante as anfitrioas, Rodiles FSF, 0-5.


Peque volveu abrir o luminoso para as laranxas, con 0-1 ao descanso. Completaron o triunfo Jenny Lores, Jenny e o doblete de Cilene.

Pola mañá o Bilbo CFS, que caeu onte ante as mariñás 10-1, levouse o encontro ante Rodiles, 4-1.

Clínic matinal

O conxunto laranxa gozou dun clínic matinal coa base da entidade asturiana.

Ficha técnica


Rodiles FSF: Rosana, Clara, Laura, Laura F., Alba, cinco inicial; tamén xogaron Alba, Eva, Cande, Jessica, María, Romina

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cris, Jenny, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Peque, Lara Balseiro, Luci, Jane, Cilene, Ale de Paz, Jozi

Goles: 0-1, minuto 16, Peque; 0-2, minuto 28, Jenny Lores; 0-3, minuto 32, Jenny; 0-4, minuto 32, Cilene; 0-5, minuto 33, Cilene

Árbitros: Rodríguez Álvarez // Rodríguez Rendal. Por Rodiles amarela para Clara.

Incidencias: Memorial José Huerta-Pablo Cortina de Villaviciosa, coa participación de Bilbo CFS, Rodiles FSF e Pescados Rubén Burela FS
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores