Noticias
24 de agosto de 2019
O Parrulo se lleva la segunda cita del Burela Bonita, ante Palma (3-2)
O Parrulo, rival do Pescados Rubén Burela FS para mañá no peche do Burela Bonita, levou a segunda cita do torneo fronte ao titánico Palma Futsal (3-2).

O exburelista Hélder deulles a vantaxe aos parrulos, de estratexia, no minuto 9; os de Héctor Souto souberon frear o Palma para manter a súa vantaxe. A Xoia Laranxa evitou o empate balear despexando de cabeza, tras o descanso, no minuto 24, pero tamén foi precisamente a súa expulsión, tras ver a segunda amarela, a que propiciou o 1-1, no 27, con finalización de Catela, en superioridade.

En tan só un minuto e logo de dúas grandísimas accións de Barrón, O Parrulo puido volver poñer terra por medio, grazas ao balón parado, con Saura, no 33, e Isma, no 34. Chemi, ao chan, evitou o segundo dos de Vadillo, en tentativa de Mati Rosa, no 37. Foi entón cando o Palma apostou por xogo de cinco, con Eloy Rojas. Isma e Chemi aliáronse para frear as embestidas rivais. A 45 segundos para a bucina final, Eloy Rojas sorprendeu cun mísil, de lonxe, co definitivo 3-2.

Duelo xuvenil para o Palma

Os insulares volveron impoñerse en categoría xuvenil, con vitoria 4-0 sobre os de Ferrol.


Xornada solidaria contra o Cancro


Os anfitrions volverán ao parqué mañá para medirse aos ferroláns, ás 17.30 horas en xuvenil e 20.30 en sénior. Será unha xornada solidaria, coa recadación da taquilla, ademais de Fila 0, destinada integramente para a Asociación Española contra o Cancro, Asociación Esperanza de Burela e ANPA Ceip Vista Alegre.

Prezos


Menores de 18 anos: Gratuíto
Entrada diaria: 5 euros/adult@

*Acceso GRATUÍTO a partidos de categoría xuvenil


Ficha técnica


O Parrulo FS: Illi, Isma, Miguel, Diego Núñez, Caeiro, cinco inicial; tamén xogaron Saura, Rahali, Hélder, Raúl, Kevin, Chemi

Palma Futsal: Nico Sarmiento, Hamza, Catela, Mati Rosa, Rafa López, cinco inicial; tamén xogaron Joao, Eloy Rojas, Ximbinha, Tomaz, Raúl Campos, Lolo, D. Quintela, Diego Nunes, C. Barrón

Goles: 1-0, minuto 9, Hélder; 1-1, minuto, Catela; 2-1, minuto 33, Saura; 3-1, minuto 34, Isma; 3-2, minuto 40, Eloy Rojas

Árbitros: Menéndez Nistal // Darriba Villamor. Polo Parrulo dobre amarela para Hélder. Por Palma, amarela a Hamza, Ximbinha

Incidencias: Segunda xornada do Torneo Burela Bonita 2019, que contou coa presenza no palco de autoridades do seleccionador nacional, Fede Vidal, do vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto, do xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, e do alcalde de Burela, Alfredo Llano, entre outros. Miquel Jaume, presidente do Palma, José Naveira, secretario do Parrulo, e Manuel Blanco, presidente do Pescados Rubén, recibiron o detalle do Torneo Burela Bonita de mans de rexedor burelao.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores