Noticias
3 de setembro de 2019
O Pescados Rubén, premiado na Gala de Presentación da Tempada LNFS
Foto LNFS Foto LNfS
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, e o adestrador Juanma Marrube representaron á Familia Laranxa esta mañá na Presentación Oficial da Tempada 2019/2020 na sala OH MY CLUB de Madrid, onde, ademais de premiar aos mellores da pasada campaña, o acto serviu tamén como homenaxe aos cinco xogadores elixidos polos afeccionados para conformar o mellor equipo da Historia da LNFS ao longo destas tres décadas.

Manuel Blanco recolleu dobre galardón, como campión de Segunda División 2018-19 e Equipo máis Deportivo da categoría. Juanma Marrube, pola súa banda, recibiu a distinción de Mellor Adestrador de Segunda.


Relación de Premiados Tempada 2018/2019

• Trofeo ao Mellor Gol 2018/2019: DANI SANTOS (Viña Albali Valdepeñas)
• Trofeo JOMA ao Máximo Goleador de Segunda División: EMILIO BUENDÍA (S. DELSOL Mengíbar)
• Trofeo JOMA ao Máximo Goleador de Primera División: FERRAO (Barça)
• Trofeo FAIR PLAY: ASPIL JUMPERS RIBERA DE NAVARRA
• Trofeo Equipo Máis Deportivo Primeira División: O PARRULO FERROL
• Trofeo Equipo Máis Deportivo Segunda División: PESCADOS RUBÉN BURELA
• Trofeo RehabMedic aos Mellores Árbitros: SÁNCHEZ MOLINA / RODRIGO MIGUEL (C. Castelano-manchego)
• Trofeo Campión de Liga Segunda División: PESCADOS RUBÉN BURELA
• Trofeo á Difusión e Promoción do Fútbol Sala: PALMA FUTSAL
• Trofeo Recoñecemento á Traxectoria Profesional: RAMÓN PIZARRO
• Trofeo SEUR ao Mellor Adestrador de Segunda División: JUANMA MARRUBE (Pescados Rubén Burela)
• Trofeo SEUR ao Mellor Adestrador de Primeira División: ANDREU PLAZA (Barça)
• Trofeo ao Xogador Revelación: MATI ROSA (Palma Futsal)
• Trofeo ao Mellor Porteiro: JUANJO (Barça)
• Trofeo ao Mejor Peche: MATTEUS (ElPozo Murcia)
• Trofeo ao Mellor Ala: SERGIO LOZANO (Barça)
• Trofeo ao Mellor Pivote: FERRAO (Barça)
• Trofeo ao Mellor Xogador 2018/2019: FERRAO (Barça)

Recoñecemento ao mellor equipo dos 30 anos de Historia da LNFS:


• Mellor Porteiro 30 anos LNFS: LUIS AMADO
• Mellor Peche 30 anos LNFS: KIKE BONED
• Mellor Ala destro 30 anos LNFS: JAVI RODRÍGUEZ
• Mellor Ala zurdo 30 anos LNFS: RICARDINHO
• Mellor Pivote 30 anos LNFS: PAULO ROBERTO
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores