Noticias
11 de setembro de 2019
Aposta de continuidade no grupo de traballo de Juanma Marrube
O Pescados Rubén Burela FS tamén aposta pola continuidade no seu regreso á elite de LNFS para o corpo técnico-médico. O adestrador, Juanma Marrube, volverá estar rodeado polo grupo de traballo das últimas tempadas para dar inicio xa este sábado ao periplo de Primeira, con estrea en Vista Alegre, ás 20.30 horas, ante Industrias Santa Coloma, no peche da Tarde Laranxa.

O Mariskal compartirá responsabilidades co preparador físico Alfonso Mera e o técnico de base Míchel Couceiro, que volverá encargarse da preparación específica de portería. Coma no equipo de Primeira RFEF, recente triunfador da XVII Supercopa de España, a clínica L2 Fisioterapia encargarase unha tempada máis desta área, á que se incorporan de Tulio García e Xurxo Rodríguez no traballo diario. Completan o corpo médico o doutor Francisco Javier Fernández Couce, o podólogo Miguel Murias e a nutricionista Cristina Pérez Rodil, dende a súa clínica Come&Sana. Os directivos Antonio Ródenas e Luis A. Guillén cumpren coas tarefas de delegado e auxiliar, co apoio de Anselmo Otero.


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores