Noticias
16 de setembro de 2019
Saque de honra laranxa na vitoria do CD Lugo
O Pescados Rubén Burela FS gozou onte da vitoria en Segunda División do CD Lugo no Anxo Carro fronte ao Fuenlabrada (2-0) como convidado de luxo. A capitá laranxa, Bea Mateos, realizou o saque de honra nunha cita na que as mariñás foron homenaxeadas cun pasillo inicial como supercampioas de España e triunfadoras do 4Nations Futsal de Milán, ademais da I Copa de SM A Raíña.

Queremos dar as grazas unha vez máis aos nosos vecinos albivermellos por este gran xesto. Seguiremos acompañándovos para darvos sorte!!!

Recepción na Deputación de Lugo


A Deputación de Lugo tamén recibirá mañá, ás 12.00 horas, as Guerreiras Laranxas en recoñecemento polos seus títulos máis recentes.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores