Noticias
18 de setembro de 2019
Xuntanza do deputado de Deportes co Pescados Rubén en Burela
O Pescados Rubén Burela FS recibiu onte a visita do deputado de Deportes, Efrén Castro Caloto, na sede laranxa. O responsable da área provincial, acompañado polo portavoz do BNG en Burela, Mario Pillado Mon, reuniuse co presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, Jose Luis Sáez, para coñecer máis de preto a estrutura do club mariñán, así como o seu funcionamento e as esixencias de instalacións deportivas para a competición de Primeira, poñendo a disposición da entidade o Pazo dos Deportes de Lugo como pista alternativa de xogo.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores