Noticias
26 de setembro de 2019
A Mariña Comercio únese ao Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS e a Federación de Comercio da Mariña dinamizarán o deporte e o comercio da bisbarra a través do acordo que asinaron esta semana os seus presidentes, Manuel Blanco e José Carlos Paleo.

Ambos os dirixentes reuníronse na sede laranxa para perfilar os detalles da colaboración. As entidades promoverán accións conxuntas ao longo de toda a tempada que repercutan en beneficio dos case 1000 asociados dos que dispón a FCAM, reunindo as asociacións de comerciantes de Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro, Covas, Xove, O Vicedo e Lourenzá. Entre elas, en cada xornada 8 clientes do comercio mariñán poderán disfrutar do espectáculo de Primeira División LNFS e RFEF en Vista Alegre.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores