Noticias
27 de setembro de 2019
A alma laranxa estréase cun traballado empate ante Levante (1-1)
A alma laranxa e Vista Alegre estrearon esta tarde a cuadrícula de Primeira LNFS, na terceira xornada, cun traballado empate ante o Levante UD FS (1-1). Os pupilos de Juanma Marrube adiantáronse grazas a Matamoros nunha primeira parte cómoda para os locais con moita presenza tanto en ataque como en defensa. Os de Diego Ríos, ante un gran Edu, só puideron igualar a contenda na recta final, de penalti.

As primeiras chegadas tiveron selo visitante, con boas actuacións de Edu. Con todo, aos poucos os de Juanma Marrube foron gañando en peso e perigo. Luisma tivo un man a man con Raúl Jiménez que salvou o meta levantino. A punto estivo de entrar o primeiro nunha chegada de Pope con remate de Mata e Joselito. Superada a medianía do primeiro acto, o Pescdos Rubén intensificou as súas chegadas. Restaban 8’44” para o descanso e Joselito tivo a de ouro da tempada nun disparo cruzado en gran pase de Álex Diz; a Bancada Laranxa non podía crelo.

Con cinco minutos da primeira parte aínda e xa co peso das cinco faltas na conta burelista, Vista Alegre enmudeceu ante o choque de Iago Míguez no xeonllo fronte ao porteiro visitante; o fillo pródigo viuse obrigado a saír da pista acompañado dos servizos médicos. Segundos despois Matamoros por fin abriu o electrónico, entre as pernas de Raúl Jiménez. A maxia do 10 laranxa, a balón parado, volveu intentar sorprender o porteiro rival, pouco despois. Na recta final, a ocasión de dobre penalti para os de Diego Ríos foise desviada. Mata, para delicia dos máis de 900 espectadores, volveu levantar a Bomboneira cun meteórito que despexou Raúl Jiménez por arriba e aínda tivo tempo para poñer a proba a rede visitante noutras tres ocasións.

Pedro Toro a punto estivo de igualar no 23 fronte ao despexe de Edu, que tocou na escuadra. R. Vargas respondeu cunha galopada que Raúl Jiménez desartellou co pé. Novo toma e daca chegando ao 25; o pase de Joselito e a Pope superou por arriba a meta e Edu respondeu con solvencia ante Cecilio. Asediaron a rede de Raúl Jiménez os burelistas, Renato por partida dobre e Mata, sen conseguir ampliar distancias. Edu e Lucho aliáronse no 28 para manter a renda local fronte a Pedro ro, tocando no pau. O naronés volveu a fulminar as intencións levantinas ante Pedro García pouco despois; o meta laranxa reapareceu ante o canario con pasado burelista Javi Rodríguez (minuto 34). Con catro minutos por diante Rubi Lemos liderou o xogo de cinco. Lucho tívoa a porta baleira. Que mágoa! A falta de 2’24” conseguiu o empate Pedro Toro, de penalti. Renato tivo de novo a vantaxe pero estrelouse contra o pau. Insistiu o Levante con porteiro xogador, con Pedro Toro, e aínda puido materializar Javi Rodríguez debaixo da liña.



Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Luisma, R. Vargas, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, Lucho, Joselito, Everton, Pope, Matamoros

Levante UD FS: Raúl Jiménez, Cecilio, Javi Rodríguez, Márquez, Rubi Lemos, cinco inicial; tamén xogaron Pedro Toro, Gallo, Maxi Rescia, Javier Sena, Jorge Santos, Pedro García

Goles: 1-0, minuto 16, Matamoros; 1-1, minuto 38, Pedro Toro (penalti)

Árbitros: Romero Candela // Blas Alonso. Por Burela amarela a Everton (minuto 20), Renato (minuto 26), Lucho (minuto 31). Por Levante amarela a Rubi Lemos (minuto 20), Pedro Toro (minuto 31), Prieto (minuto 31), Javi Rodríguez (minuto 34)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 3 de Primeira LNFS disputado en Vista Alegre ante máis de 900 persoas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores