Noticias
10 de outubro de 2019
A esencia de Vista Alegre, nunha nova busca da primeira vitoria
Foto: Movistar Inter FS
Na última cita na casa abriuse a cuadrícula e mañá toca dar un paso máis. Vista Alegre acollerá a quinta xornada de Primeira LNFS, de novo como aliado para sacar algo positivo, en nova busca da primeira vitoria da liga para un Pescados Rubén Burela FS que está sendo moi competitivo no seu regreso á elite, aínda que lle pesan en exceso os últimos minutos. A partir das 21.00 horas, Viña Albali Valdepeñas FS será o rival a bater, un equipo que chegará coas boas sensacións de estrearse en triunfos a semana pasada.

O conxunto dirixido por David Ramos e co ex dos mariñáns Chino nas súas filas ocupa a oitava praza, con 5 puntos. Con Córdoba Patrimonio vén de recoller a primeira vitoria (4-1) tras a derrota con Palma (2-1) e co inicio de dobre empate ante Jaén Paraíso Interior (3-3) e Aspil Jumpers Ribera Navarra (2-2). “É un partido vital para nós; precisamos e merecemos cambiar a dinámica. Necesitamos o apoio da nosa bancada; en ganas e actitude non nos gaña ninguén e imos saír a por todas” advertía Pope, autor duns dos mellores goles da LNFS na xornada 4.

“É un equipo con moita experiencia, moi físico e moi duro” analizaba o 14 burelista apelando ao “orgullo e coraxe persoal” para facer dos de Juanma Marrube un bloque máis forte: “Temos que mellorar na recta final dos partidos. Cada un ten que achegar un graniño de area máis para poder ser competitivos e disputar con garantías os corenta minutos. Así chegarán os bos resultados”.

No vestiario laranxa, Amoedo poderá regresar á lista de 13 cos que chegará Juanma á previa do partido. Pitero aos poucos tamén se está incorporando á dinámica do equipo.

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 7. R. Vargas, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 20. Everton, 22. Álex Diz, 23. Amoedo, 24. M. Kaluza

Convocatoria Viña Albali Valdepeñas FS: 6. Juanan, 10. Dani Santos, 13. Coro, 14. Terry, 17. Buitre, 19. Edu, 20. Chino, 21. José Ruiz, 23. Nano, 26. Juan Cozar, 33. Cainan, 41. Rafael Rato

Sumámonos ao Rosa, Contigo Damos a Cara


Vista Alegre e a Familia Laranxa sumaranse esta semana ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, tanto o venres como o sábado, coa quinta xornada de Primeira RFEF fronte ao Leganés Masdeporte.

Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a Asociación Española contra o Cancro darán a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, que xunto á atención psicolóxica, con Andrea Casais, desde o verán tamén conta a traballadora social Estefanía Corcoba.

Juanma, galardoado nos Premios Ramón Cobo


O técnico burelista resultou galardoado nos Premios Ramón Cobo como Mellor Adestrador de Segunda División de Fútbol Sala 2018-19, co visto e prace da Xunta Directiva do Comité de Adestradores e da propia RFEF. A entrega da oitava edición dos premios está prevista para o 12 de novembro.


Primera División D. Mauricio Pellegrino (CD Leganés)
Segunda División D. Luis Miguel Ramis (Albacete Balompié)
Segunda División B (Grupo 1) D. Baldomero Hermoso (CF Fuenlabrada)
Segunda División B (Grupo 2) D. Iván Ania (Real Racing Club)
Segunda División B (Grupo 3) D. Javier Mandiola (CD At. Baleares)
Segunda División B (Grupo 4) D. Luciano Martín (Sevilla At.)
Primera División de fútbol sala D. Imanol Arregui (Osasuna Magna)
Segunda División de fútbol sala D. Juan Manuel Marrube ( Pescados Rubén Burela FS)
Primera División Femenina D. Gonzalo Arconada (Real Sociedad)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores