Noticias
31 de outubro de 2019
Novo desafío para a imbatibilidade laranxa (domingo, 12.00 horas, Aragón TV)
O Pescados Rubén Burela FS terá un novo desafío para poñer a proba a súa imbatibilidade na xornada 8, coa visita á pista do Sala Zaragoza, o domingo ás 12.00 horas. A cita poderá seguirse a través de Aragón TV. Ligazón

As Guerreiras Laranxas chegan á cita repletas de enerxía tras a grande imaxe ofrecida e despregada a semana pasada en Vista Alegre, con 6-0 sobre STV Roldán FSF: “Estamos moi contentas. Estivemos moi acertadas e melloramos en sensacións” confesaba unha da metas burelistas, Ana Romero, responsable xunto a Jozi de custodiar a rede menos goleada da categoría, con tan só 4 tantos en sete citas.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas medirase ao sétimo da táboa, con 11 puntos, que tras catro xornadas puntuando encadea dúas derrotas a domicilio, co Roldán (2-0) e Ourense (3-0): “Empezou moi forte, reforzouse moito esta tempada. Non podemos fiarnos destas dúas derrotas, porque na casa é un equipo sólido. É unha pista moi complicada, onde a xente aperta moito, e ademais xogaremos nun horario ao que non estamos afeitas” advería Ana Romero.

A última sesión da semana está prevista para o sábado pola mañá en Vista Alegre. Despois a expedición laranxa poñerá rumbo a terras aragonesas.

Convocatoria provisional Pescdos Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 11. Jane, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores

Rivais de podio. Esta semana, Futsi e Ourense, os rivais de podio das laranxas, pelexarán por conservar a súa traxectoria intachable (21 puntos) ata o momento en duelos autonómicos e a domicilio, fronte a Leganés (10ª con 7 puntos) e Poio Pescamar (5º con 13), respectivamente.

A chamada de España

Ana será unha da catro burelistas que poderán defender a Selección Española a próxima semana en Eslovenia. Xunto a Peque e Jenny Lores, a meta burelista compartirá con Ale de Paz a estrea como internacional. “Para min é unha alegría enorme; tíveno que asimilar aos poucos. É un premio; espero aproveitalo aprendendo, gozando e dando todo de min ante esta oportunidade” explicaba a murciana, que se incorporará á concentración da Vermella xunto ás súas compañeiras ao finalizar o encontro de liga. Jenny Rodrigues tamén fará un descanso nos adestramentos co conxunto burelista, pola convocatoria con Portugal para disputar dous amigables con Italia en Oliveira de Azeméis o 5 e 6 de novembro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores