Noticias
24 de novembro de 2019
O Pescados Rubén imponse con solvencia en Esplugues (1-6)
O Pescados Rubén Burela FS pechou este mediodía os envites da xornada 11 de Primeira Feminina RFEF cun triunfo solvente na pista de Penya Esplugues (1-6). “Realizamos un partido moi completo; o equipo mostrouse moi serio, con boa circulación de balón, boas triangulacións e protagonismo en todas a rotacións. O único pero pode ser ese gol, no que nos gañaron as costas” valoraba Julio Delgado tras a cita, recoñecendo “recuperar as sensacións para chegar nas mellores condicións ao Clásico ante Futsi”, o vindeiro sábado en Vista Alegre (18.30 horas, Día do Club).

Ale de Paz adiantou as Guerreiras xa no minuto 2 a pase de Jane. Chegando á medianía da primeira parte, as catalás quixeron sorprender e optaron por xogo de cinco. Con todo, Peque atopou a oportunidade de ampliar a vantaxe aos poucos segundos e Dany tampouco quixo desaproveitar e subiu o terceiro nunha recuperación, con porteira xogadora local. O Esplugues puido mitigar levemente a eficacia burelista,co gol de Celia no minuto 16, gañando as costas á defensa das de Julio Delgado e Lucas.

Meteu unha marcha a escuadra galega nos metros finais tras o descanso. Peque selou o 1-4 no 23, nun rexeite de Jane. Tamén volveu ver portería Ale de Paz, no 33. Co 1-5 e a falta de 6 minutos, o Penya apostou de novo por xogo de cinco, cunha perfecta resposta en defensa das burelistas. A estelar 7 laranxa anotou o seu hattrick na recta final para reafirmar as laranxas como dominadoras e gañadoras.



Ficha técnica


AE Penya Esplugues: Ana, Celia, Roser, Arantxa, Laura, cinco inicial; tamén xogaron Álex, Berta, Pilar, Marta

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Cilene, Peque, Jane, Ale de Paz, cinco inicial; tamén xogaron Jenny Lores, Luci, Bea Mateos, Lara Balseiro, Jenny, Dany, Jozi

Goles: 0-1, minuto 2, Ale de Paz; 0-2, minuto 10, Peque; 0-3, minuto 10, Dany; 1-3, minuto 16, Celia; 1-4, minuto 23, Peque; 1-5, minuto 32, Ale de Paz; 1-6, minuto 38, Peque

Árbitros: Alberto Centeno // Jordi Centeno. Por Burela amarela Peque (minuto 19).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira División disputado no CEM Les Moreres.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores