Noticias
25 de novembro de 2019
Venda anticipada para o Pescados Rubén-Futsi, primeiro Día do Club 2019-20
Xa está aberta a venda anticipada para o primeiro Día do Club da tempada 2019-20. Será para o gran Clásico que acollerá este sábado, 30 de novembro, Vista Alegre, coa visita do Atlético Futsi Navalcarnero, na 12ª xornada de Primeira (18.30 horas).

A Bomboneira será escenario de luxo para un novo espectáculo entre os dous titáns da elite feminina, coa visita das actuais campioas de liga ao feudo das triunfadoras en Copa da Raíña e Supercopa de España. As madrileñas chegarán liderando o cumio clasificatorio con 33 puntos fronte á segunda praza das irmandiñas, con 31.

As entradas estarán dispoñibles ata o venres, día 29, a mediodía na sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). Horario de atención: De luns a xoves 9.00-14.00 // 16.00-19.00 e os Venres 9.00-14.00 horas).

Soci@s

Adult@s: 3 euros
Menores de idade (6-17 anos): 1 euro


Non soci@s


Adult@s: 12 euros
Menores de idade (6-17 anos): 5 euros
*Para non abonad@s tamén existe a posibilidade da adquisición de entradas a través da seguinte
LIGAZÓN ata o xoves, 28 de novembro.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores