Noticias
2 de decembro de 2019
DESTACADA
Venda anticipada para España-Xapón, dende o martes 3
Vista Alegre xa comezou a conta atrás para o grande evento internacional do ano como escenario do enfrontamento entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón, para o mércores 11 de decembro ás 21.00 horas. Desde mañá, martes, todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do Pescados Rubén Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela).

A venda anticipada pecharase o día de partido ás 14.00 horas e a taquilla da Bomboneira abrirase ás 20.00 horas.

Horario de atención ao público: Luns a xoves 9.00-14.00 //16.00-19.00

Prezo de entradas

0-5 anos: Gratuíto (acceso con invitación)
6-16 anos: 2 euros
Desde 17 anos: 5 euros


Luci, cuarta burelista coa Vermella


A coruñesa Lucía Gómez tamén se sumará á convocatoria da Vermella para os compromisos galegos, tras a baixa de Ana Pino, de UA Alicante, por lesión. Con ela serán catro as representantes do Pescados Rubén Burela FS que defenderán a selección a próxima semana en Marín (martes 10) e Burela, xunto a Peque, Jenny Lores e Ana Romero.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores