Noticias
10 de decembro de 2019
Estrea de Copa do Rei nas Pontes, antes da visita do Palma
O Pescados Rubén Burela FS estrearase mañá (20.30 horas) en Copa do Rei co desprazamento á pista do Esteo (As Pontes), de Segunda B. A cita de dezaseisavos chega para os de Juanma Marrube tras a vitoria a domicilio en duelo directo en Tudela (5-6, Aspil Jumpers Ribeira Navarra) e a tan só dous días da complicada visita do Palma Futsal, que recalará en Vista Alegre o venres (20.30 horas) defendendo a terceira praza de Primeira.

A Alma Laranxa regresará á pista das Pontes logo de gozar alí da fase final de Copa Galicia, o pasado mes de maio, para medirse a un rival que pecha o podio de Segunda B, esperando moi motivado aos mariñáns.

A expedición partirá mañá ás 17.30 horas, con sesións aínda marcadas para esta tarde e mañá, antes da chegada da comitiva da RFEF para o amigable en Vista Alegre entre a Selección Española Feminina e Xapón (21.00 horas). Entre os xuvenís que formarán parte dela, estarán Renato Rodrigues e Bruno García, habituais xa na dinámica de adestramento dos de Juanma Marrube.


Emparellamentos:

- NOIA F.S. - O PARRULO FERROL

- O ESTEO F.S. - PESCADOS RUBÉN BURELA

- AZULEJOS MONCAYO COLO COLO - OSASUNA MAGNA

- CLUB DEPORTIVO BÁSICO FUTBOL SALA TALAVERA - ASPIL VIDAL RIBERA NAVARRA

- C.D. UNIVERSIDAD DE MÁLAGA - VIÑA ALBALI VALDEPEÑAS

- PELIGROS C.D. F.S. SÉNIOR - JAÉN PARAÍSO INTERIOR

- C.D. ATLÉTICO MENGÍBAR - CÓRDOBA PATRIMONIO

- C.D. TENERIFE IBERIA TOSCAL - INDUSTRIAS SANTA COLOMA

- CIUDAD DE MÓSTOLES - MOVISTAR INTER

- ELCHE C.F. SAD - LEVANTE UD FS

- ZAMBÚ C.F.S. PINATAR - JIBEE CARTAGENA FS

- C.F.S. BISONTES CASTELLÓN - SERVIGROUP PEÑÍSCOLA

- HOSPITALET BELLSPORT F.S. - FÚTBOL EMOTION ZARAGOZA AD SALA 10

- REAL BETIS FUTSAL - PALMA FUTSAL
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores