Noticias
16 de decembro de 2019
Peque, elixida a mellor da tempada pasada pol@s compañeir@s
Peque será recoñecida como a Mellor Xogadora 2018-19 na II Gala do Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, que se celebrará este xoves, 19 de decembro, o Salón LuIs Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas, a partir das 18:00 horas . A festa do fútbol sala nacional, na que se recoñecerá aos mellores da tempada anterior polos seus logros, dedicación e entrega e na que se homenajeará tamén a grandes profesionais que levan toda unha vida vinculada a este deporte.

Na faceta meramente deportiva, varios nomes destacan por encima do resto. Patricia González Mota 'Peque' -Pescados Rubén Burela- e Carlos Vagner Gularte Filho 'Ferrao' -F.C. Barcelona- foron elixidos polas súas propias compañeiras e compañeiros como a mellor xogadora e o mellor xogador da pasada campaña.

LIGAZÓN. MÁIS INFORMACIÓN RFEF
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores